Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A obra do comedor do Colexio Valle-Inclán comezará cando remate o curso

Oleiros, 5 de novembro de 2018-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión na Consellería de Ensino para demandar o inicio das obras de construción da parte do comedor do colexio Valle-Inclán que están pendentes de realizar. A Xunta, que aclarou que as obras non comezaran debido a que aínda non iniciaran a licitación, comprometeuse a realizar a contratación nos vindeiros meses para iniciar os traballos unha vez que remate o curso escolar.

A Xunta creou hai 3 anos a metade do comedor co compromiso de rematalo por completo máis adiante. “Hoxe quedou demostrado que o retraso no inicio desta obra debíase a que a Xunta non contratara as obras. Nós queríamos clarificar o que estaba a acontecer con esta obra, porque non estamos dispostos a permitir que os nenos coman en barracóns cando temos un colexio nunha parcela de 22.000 metros”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link