Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Festa do Entroido celébrase mañá a partir das 19:00 h

Oleiros, 15 de febreiro de 2018-. Mañá venres 16 de febreiro celébrase a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da “Compañía Municipal de Teatro” e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.

Repartiranse preto de 4.000 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Este ano as parellas competirán na categoría de individuais, xa que son poucas, adoitan ter unha temática común e así terán tamén maiores oportunidades.

En grupos o primeiro premio é de 1.000 euros, o segundo de 700, haberá dous terceiros de 400 e un accésit de 400. En individual-parellas o gañador levará 300 euros, o segundo 200, os dous terceiros 100 e haberá dous accésits de 100 euros.

As persoas que aínda non estean apuntadas no concurso poderán facelo de 19:00 a 19:30 horas no propio pavillón.

PROGRAMA

19:00 h Apertura de portas

19:00 19:45 h MÚSICA E BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES

19:45 h CONCURSO DE DISFRACES E CHOQUEIROS

20:45 h ACTUACIÓN SORPRESA da “Compañía Municipal de Teatro”: tradicional actuación do alcalde de Oleiros cunha sátira carnavalesca.

21:15 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES

21:30 h Entrega de  PREMIOS do CONCURSO DE DISFRACES

21:45-22:00 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
 

back link