Oleiros, 14 de abril de 2015-. O centro cultural A Fábrica acolle desde mañá e ata o 30 de abril a exposición fotográfica Dende o Sur: República Dominicana. A mostra amosa a realidade do país e as consecuencias das catástrofes naturais. A actividade vincúlase ao proxecto que a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz vén de desenvolver en Cuba a prol da prevención de riscos ante este tipo de fenómenos. O Concello de Oleiros colabora no financiamento deste importante proxecto a través Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal é socio fundador.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
As entidades organizadoras da mostra colaboraron coa Oficina do Conservador da Habana para rehabilitar a torre do antigo Convento de Belén, onde se instalará un Centro de Interpretación da Meteoroloxía á vez que se recupera un Ben de Interese Cultural. O obxectivo é que o futuro museo contribúa a concienciar a poboación cubana sobre as tormentas tropicais e furacáns que lles afectan periodicamente, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a estes episodios adversos.