Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Fábrica acolle unha exposición colectiva de fotografía coas obras dos participantes en Ociole

Oleiros, 4 de xuño de 2013-. O Concello de Oleiros inaugura mañá ás 20.00 horas unha exposición colectiva de fotografía coas obras das persoas participantes no obradoiro levado a cabo no programa de actividades de Ocioleiros e Xoveoleiros. A mostra permanecerá exposta no centro cultural A Fábrica ata o vindeiro 15 de xuño. O horario de visitas será de 9.00 a 15.00 horas polas mañás, e de 17.00 a 21.30 horas polas tardes de luns a venres, mentres que os sábados poderase visitar a exposición desde as 10.00 ás 13.30 horas.

Nesta edición de Ocioleiros 2013 o obradoiro de fotografía foi impartido polo prestixioso fotógrafo Gabriel Tizón, quen transmitiu os seus coñecementos aos participantes desde mediados de xaneiro ata o venres pasado. Tizón traballa como fotorreporteiro freelance colaborando habitualmente con axencias, periódicos e revistas nacionais e internacionais.

Relevo a  mostra de pintura
Esta exposición de fotografía dá relevo á de pintura que permaneceu aberta ao público ata o pasado luns. Esta exposición estivo dirixida pola profesora Luz García e recolleu as obras de varias persoas que participaron nalgún dos tres obradoiros da edición deste ano de Ocioleiros.
 

back link