Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Fábrica acolle o domingo o espectáculo infantil Puño Puñete

Oleiros, 13 de decembro de 2018-. O domingo haberá un concerto espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral ás 18.30 horas organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, da que o Concello forma parte. Puño Puñete de Baobab Teatro, está dirixida a pais e nais con nenos de 1 a 7 anos de idade para fomentar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar e descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir das rimas tradicionais.

A entrada será gratuíta con invitacións que poderán recollerse ese mesmo día desde as 18.00 horas na conserxería da Fábrica.

back link