Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Fábrica acolle mañá un concerto que inaugurará o novo curso da Escola Municipal de Música

Oleiros, 25 de setembro de 2013-. O auditorio da Fábrica acolle mañá a partir das 20.20 horas o concerto inaugural do curso escolar 2013 - 2014 da Escola Municipal de Música. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. A actuación será un concerto de Vibráfono a cargo de Israel Arranz, mestre da Escola, quen interpretará pezas como a segunda parte de Études de Meaux,  un ciclo de 5 pezas compostas entre 1995 e 2000 polo compositor francés Bruno Giner. Ademais interpretará, Lamnete, Trommel-Suite ou Yellow After the Rain entre outras pezas.  Yellow After the Rain é unha composición para marimba solista, escrita por Mitchell Peters, o cal foi  percusionista principal da Filharmónica de Los Ángeles.

O espectáculo rematará cunha improvisación libre para vibráfono de Israel Arranz. A onda que se busca bebe do jazz e a música contemporánea para vibráfono en conxunción cunha óptica experimental de azar e indeterminación musical, próxima á concepción de John Cage. Os sons procedentes do vibráfono e os sons de ambiente procedentes do auditorio e do público uniranse para formar un todo.
 

back link