Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A biblioteca de Santa Cruz acolle o xoves unha sesión dobre de contos infantís

Oleiros, 10 de decembro de 2018-. O vindeiro xoves día 13 de decembro a Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle unha dobre sesión de contos de nadal para nenos e nenas de 1 a 8 anos. Para os máis pequenos, a actividade comezará ás 18:00 horas. Para os maiores de 4 anos será ás 18:30 horas.

A través destes contos as nenas e os nenos viaxarán a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñarán cos momentos especiais destas festas tradicionais. Para as dúas sesións é imprescindible reservar previamente praza na biblioteca ou chamando por teléfono ao 981 626 338.

back link