Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Banda da Escola Municipal de Música participa o domingo no Certame de Bandas Galegas

Oleiros, 19 de novembro de 2015-. A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros participa o domingo no IX Certame Galego de Bandas, que organiza a Federación Galega de Bandas de Música Populares en Santiago. O concerto está programado para as 18:30 h no Auditorio de Galicia.

A Banda de Oleiros tomará parte na sección primeira do concurso, para agrupacións de máis de 71 músicos. Todo o público que desexe apoiar á nosa Banda como espectadores deberán estar antes das 18:00 h para acceder ao patio de butacas.

Os 97 membros da Banda comezarán interpretando o pasodobre de presentación, que non será obxecto de valoración. Xa en concurso, cada banda de música toca unha obra obrigada, proposta polo Comité Organizador, e unha obra de libre elección. A agrupación de Oleiros interpretará La lira de Pozuelo de Luis Serrano, Esbozos sinfónicos de X. Carlos Seráns e Hannibal de Mario Bürki.

Ademais, a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros realizará un ensaio con público mañá venres ás 22:30 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A entrada é libre.
 

back link