Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A alerta dun veciño frustra un intento de roubo de cable na urbanización A Xesta, en Iñás

Oleiros, 22 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informou esta mañá de que a colaboración veciñal frustrou un intento de roubo de cable de fibra óptica na urbanización A Xesta, en Iñás. O intento de subtracción produciuse a pasada madrugada, pero o aviso telefónico dun residente nesta urbanización e a presenza deste fixo que os ladróns fuxiran da zona sen lograr subtraer o cable. Non obstante durante o intento producíronse numerosos estragos, xa que a acción do camión grúa que utilizaron provocou a rotura das beirarrúas e de varias arquetas. Nestes momentos a empresa subministradora da rede atópase emendando os danos.

García Seoane agradeceu publicamente a colaboración deste veciño e destacou o importante que é o aviso inmediato á policía por parte dos residentes cando sospeiten que se pode estar cometendo un acto deste tipo. Así mesmo, o alcalde solicitou que se aumente o control sobre as empresas que se dedican á chatarraría para evitar que o material deste tipo subtraído poida entrar nos circuítos comerciais e, deste modo, frear o desfalco público causado polo continuo goteo de accións como esta en todo o país.
 

back link