Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Últimas prazas para o programa de actividades de verán

Oleiros, 23 de xuño de 2014-. O Concello de Oleiros informa de que aínda hai prazas vacantes para o Programa municipal de actividades de verán para escolares que comeza ao longo destes días. Aquelas persoas interesadas poden dirixirse á Fábrica de Perillo, onde lle facilitarán toda a información necesaria deste amplo programa multidisciplinar. A programación inclúe actividades deportivas, culturais e medioambientais para os distintos rangos de idade. 

 
Así mesmo, e coa intención de axilizar este proceso, tamén será posible inscribirse a través da web municipal www.oleiros.org, na Carpeta cidadá. Non é necesario estar rexistrado para poder realizar este trámite. 
 
back link