Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O Concello instalará o Punto Violeta nas Festas de Dexo

Con motivo da celebración esta fin de semana das festas de San Antón en Dexo, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do venres 13 e sábado 14, de 23 a 3 horas; coa finalidade de seguir traballando activamente, como ata o de agora, na prevención e actuación fronte as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan darse.

Este ano, os asistentes poderán atopar á súa disposición as novas cintas métricas que se repartirán nos Puntos Violetas baixo o lema “A distancia márcoa eu”. A súa distribución busca lembrar, dun xeito visual e simbólico, a importancia de construír entre todas e todos un ambiente de respecto mutuo, onde o límite persoal sexa entendido como unha condición básica para desfrutar dunha festa segura e libre de violencias. Deste xeito, dáselle continuidade á campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, coa que se busca achegar á poboación ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias durante as celebracións vencelladas ao ocio nocturno.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.
 

back link