Novas

NOVAS

Atrás Os oleirenses poderán gozar da proxección de Vilamor no parque Luis Seoane

Oleiros, 9 de agosto de 2012.- Este xoves día 9 de agosto de 2012, ás 22.15 horas no parque Luís Seoane, en Santa Cruz proxectarase a película Vilamor. Esta proxección, encadrada na feira de Alfaroleiros, é unha actividade organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Vilamor é unha película galega, dirixida por Ignacio Villar, que se basea nos anos 70, unha vez rematada a ditadura de Franco. O protagonista, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade e reciben continuas presións do goberno. Breixo termina namorándose dunha das rapazas da comuna, Sonia. Porén, o amor libre, as drogas e o feito de ser atea fan que Breixo abandone Vilamor. Trinta e tres anos máis tarde Breixo regresa como escritor ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.