Novas

NOVAS

Atrás O Servizo de Normalización Lingüística programa un concerto de Pakolas para este sábado na Fáb

Volve a programación do Apego a Oleiros para encher de concertos, teatro, percusión e contacontos as fins de semana de outono e comeza este sábado 20 de outubro co espectáculo Cores, Contos e Rock´n´Roll  de Pakolas. O concerto será ás 18.30 horas na Fábrica.
Pakolas presenta un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non só se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

A entrada será gratuíta, mais con invitación que poderá reservarse por correo electrónico a lingua@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000, ext. 4905, dando os datos persoais. As invitacións poderán recollerse na conserxería da Fábrica desde as 18.00 horas.