Novas

NOVAS

Atrás O sábado chega á Fábrica a obra de teatro infantil Asubíos

Este sábado 17 de novembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Fábrica a compañía Elefante Elegante presenta Asubíos. Este espectáculo forma parte do Falaredes 2018 da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que o Concello forma parte a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.
Esta peza teatral está dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular "O flautista de Hamelín" recollido polos irmáns Grimm.  A temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el.
A coidada estética que caracteriza as creacións de Elefante Elegante vai da man do respecto polo medio natural, das emocións, dos afectos e do humor para achegarlle o teatro ao público familiar, infantil e xuvenil.
A entrada será gratuíta e poderá recollerse desde as 17.00 horas na conserxería da Fábrica.