Novas

NOVAS

Atrás Máis de 450 alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria dos colexios públicos do Concello gozaron

 

A Gramola Gominola chegou ao Auditorio de Mera para facer as delicias de todas as crianzas de 1º e 2º de primaria. Co gallo da celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística agasalla o alumnado cun concerto de música infantil integramente en galego. Deste xeito desde a propia concellería e desde o SNL municipal preténdese promover a lingua galega a través da música, fomentar o uso da lingua entre os nenos e as nenas e amosar que a lingua rosaliana ten cabida en todos os ámbitos: música, teatro, lecer...