Novas

NOVAS

Atrás Letras Galegas 2017: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL CONTANDO A CARLOS CASARES

 

Mércores 31 de maio ás 20.30 horas

Auditorio da Fábrica en Perillo
Contando a Carlos Casares é un documental no que participan familiares e amigos, así como especialistas sobre o autor homenaxeado, cos cales percorremos as facetas máis interesantes da súa vida para poder coñecer o home, así como poder atopar as chaves coas que enfrontarnos á súa obra literaria.  Despois de ver o documental haberá unha charla-coloquio onde se poderán poñer en común as nosas inquedanzas e observacións sobre o escritos ourensán.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Apto para todos os públicos.
Duración: 60 minutos
Guión, dirección, produción e montaxe: Gonzalo E. Veloso
Produción executiva: Gonzalo E. Veloso, Santiago Teijelo Vázquez, Fran Naveira
Son directo: Manuel Rega, David Iglesias
Fotografía: Santiago Teijelo Vázquez
Postprodución de son: Manuel Rega e David Iglesias
Asesoría e administración: Sandra Expósito García