Biblioteca Pública Municipal Manuel María

Atrás Debuxa na Biblioteca

Os obradoiros de ilustración para nenas e nenos Debuxa na biblioteca, a cargo da ilustradora Marisa Irimia, son unha actividade que ten por obxecto fomentar a imaxinación e a creatividade a partir das artes plásticas e na que nenos e nenas poderán participar na ilustración de diversos contos achegando a súa visión persoal e contándoos a través das imaxes.

Datas: 10 e 24 de marzo, 14 e 28 de abril, 12 e 26 de maio ás 18:30 horas.

 

A Biblioteca Municipal Manuel María achegaralle a todos os nenos e nenas que desexen participar os materiais necesarios para o desenvolvemento desta actividade.