AS EMOCIÓNS DE ABRIL
Obradoiro infantil de Teatro Municipal
Sábado 14 de xuño ás 11.30 horas
TRES HISTORIAS ADOLESCENTES
Obradoiro xuvenil de Teatro Municipal
Sábado 14 de xuño ás 13.00 horas
Os grupos de teatro infantil e xuvenil dos Obradoiros do Concello de Oleiros estrean dúas pezas teatrais nunha mostra de final de curso co obxectivo de amosar o resultado dun proceso de traballo de creación colectiva no que nos queren falar das súas emocións, os seus problemas e as súas preocupacións e inquedanzas. Sempre aprendendo coas ferramentas que o teatro lles da.
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.
TODOS OS PÚBLICOS
Sábado 14 de xuño
Teatro As Torres, Santa Cruz
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.