Atrás TEATRO: ATENCIÓN

Estrea da obra do Grupo Estable de Teatro Municipal, Atención, unha obra de creación colectiva dirixida por Ramiro Neira e Xabi Queijeiro.

Neste novo proxecto do Grupo Estable dos Obradoiros de Teatro do Concello de Oleiros abordamos e creamos a partir do concepto da Atención.

A práctica da atención plena é, unha aventura amorosa coa esencia da vida, unha aventura co que é, co que poderiamos chamar “a verdade”.

A nosa historia comeza cando nun pequeno pobo decídese pechar o seu centro de saúde... Un ataque á atención médica dos seus veciños e veciñas...e que fará reflexionar sobre a atención plena e real sobre as persoas que nos rodean.

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

 

Data do evento

Sábado 31 de maio

 

Horario

20.30 horas

Lugar de Celebración

Auditorio Gabriel García Márquez  (Mera)