Será nun acto que dará comezo ás 18:00 horas con David García (Little Pru), que realiza a súa obra “Ciclo” na Avda. Che Guevara; Pablo Loyola, que se encarga de ambientar visualmente o edificio do CMF sito nos Regos coa súa obra “O espírito do bosque” e Xoana Almar (Cestola na Cachola) que plasmará a súa obra “No tronco dunha oliveira” na recente inaugurada rúa Yasser Arafat, en Santa Cruz.
Os tres artistas urbanos asistirán este venres 19 de setembro na Casa da Mocidade das Pedras a unha charla/coloquio onde amosarán e explicarán aos asistentes os seus novos proxectos para Oleiros, as súas inquedanzas e inspiracións artísticas ademais de facer partícipe ao público asistente dun ameno coloquio onde poder informarse sobre os pormenores do muralismo.