O 13 de xaneiro en horario de tarde o Concello de Oleiros comeza o ano co Programa Oleiros vai de Museo, con dúas visitas guiadas á Casa Museo Picasso e á exposición Compromiso coa arte (Coleccións ABANCA e Fundación Bancaja).
A Casa Museo Picasso é unha casa museo da cidade da Coruña inaugurada o 18 de decembro de 2002. É a casa onde residiu o pintor Pablo Picasso de 1891 a 1895, sendo neno. É unha casa típica da zona da ampliación do século XIX na Coruña e mantense co mesmo que existía cando a familia Ruiz Picasso vivía alí: mobles, obxectos e equipamento orixinal. No museo exhíbense reproducións de 33 obras, das cales catro son do pai e as demais fíxoas o mozo Picasso durante a súa estancia na cidade.
A exposición Compromiso coa arte (Coleccións ABANCA e Fundación Bancaja) reúne un total de 77 obras das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja que amosan un repertorio artístico excelente, desde as vangardas históricas, con traballos de Picasso, Kandinski ou Georges Braque, ata as formas da pintura contemporánea. A través dun percorrido que abrangue desde as vangardas históricas ata a creación contemporánea, a mostra convida a mergullarse nun diálogo entre xeracións, estilos e sensibilidades. Con pezas de referentes como Picasso, Kandinski, Braque, Scully, Equipo Crónica ou Juan Genovés, a exposición ofrece unha ollada diversa e de gran calidade que se afasta do convencional.
Inscricións a partir do 7 de xaneiro ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, o persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas.
Ofértanse 30 prazas para maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición inclúe o desprazamento obrigatorio en autobús e as visitas guiadas en ambos museos.
No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o mércores 7 ás 10.00 horas e o venres 9 ás 14.00 horas.