Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros organiza unha mesa redonda sobre a Diversidade funcional para pais e nais de escolares

Oleiros, 22 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros, a través da súa Concellería de Ensino e Xuventude, organiza dentro do seu programa Escola de Pais e Nais, unha mesa redonda o vindeiro 28 de maio ás 20:00h no auditorio do Centro Cultural A Fábrica.  Baixo o título Diversidade funcional tratarase o tema dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais e as distintas opcións que a sociedade ten ante si para conseguir a inclusión social destes rapaces e rapazas.

Nesta ocasión, contarase coa presenza de Javier Martín Betanzos, doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Psicopegadoxía e profesor do IES Rafael Dieste de A Coruña, María José España, responsable do programa de emprego de Down Coruña que virá acompañada de dous rapaces que forman parte deste programa de inclusión laboral que levan a cabo desde esta entidade, Ángel Garmendia, presidente da ANPA do colexio María Mariño da Coruña. Baixo estas tres visións: educativa, laboral e familiar presentaranse as distintas liñas de traballo que temos ao noso alcance para acadar un sistema educativo que dea resposta á diversidade, un sistema educativo integrador.
 

back link