Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros impartirá tres cursos de formación para desempregados nos centros municipais de formaci

Oleiros, 24 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros impartirá tres cursos de formación para desempregados no CMF Isaac Díaz Pardo, segundo confirmou a Consellería de Traballo e Benestar. En total vanse beneficiar 45 desempregados, 15 por curso, inscritos no servizo público de emprego de Galicia. Os cursos concedidos formarán nos oficios de cociñeiro/a, atención sociosanitaria a persoas dependentes e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Todos estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade de cada unha das ocupacións e teñen incluído un módulo de prácticas formativas en empresas. Os dous primeiros vanse impartir no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo e o último no Centro Municipal de Formación da Carballeira.  A data de inicio será a finais do próximo mes de xuño e o remate  en novembro. As persoas interesada pode poñerse en contacto co CMF Isaac Díaz Pardo, sito na rúa dos Regos, nos teléfonos 981 610 319 – 981 631 706 ou por correo electrónico no enderezo cmf @oleiros.org.
 

back link