Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O luns comezan as obras de renovación da tubería xeral de auga de Montrove

O vindeiro luns 22 de setembro darán comezo as obras de renovación da rede xeral de auga na avenida Rosalía de Castro, para servizo das localidades de Montrove e Oleiros. Durante a execución destas obras será preciso realizar cortes de tráfico puntuais, que serán debidamente sinalizados, pero que provocarán algunhas inevitables molestias.

Proximamente darán inicio tamén as obras das tuberías da avenida Salvador Allende, en Nós. Esta obra, xunto coa de Montrove, suma un investimento total duns 900.000 euros. 


Ademais desta dúas importantes obras, o Concello tamén vai contratar proximamente os tramos de tubería xeral pendentes de renovación entre o depósito A Pezoca-Quinta Canaima e depósito da Edreira-rúa Pazo. Así mesmo, a través da empresa municipal de augas AquaOleiros, realizarase un investimento de 5 millóns de euros para as obras de renovación das tuberías de fibrocemento pendentes na avenida das Mariñas así como os tramos das de PVC de maior antigüidade, neste momento nas parroquias de Dorneda e Serantes.


O Concello de Oleiros conta cunha ampla rede de abastecemento de auga dotada de 432 km e dotada con 11 depósitos, que se atopan en constante proceso de mellora, destinando todos os anos importantes recursos económicos á súa renovación. Nas obras das tuberías vanse priorizando aqueles tramos nos que se producen máis roturas, normalmente os de maior antigüidade.


 

back link