Prazas e parques do noso Concello serán o escenario dos artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas transformando a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
PROGRAMACIÓN:
VENRES 11 DE XULLO
CIRCO – Back 2 Classics, “Planeta trampolí”. 20:00 h, Parque do Emigrante (Santa Cruz)
CIRCO – Carpa Diem, “Dolce Salato”. 21:00 h, Praza Esther Pita (Santa Cruz)
SÁBADO 12 DE XULLO
TEATRO – Pedras de Cartón, “Moby Dick”. 20:00 h, Parque José Martí (Santa Cristina)
CONCERTO – Eladio y los Seres Queridos. 21:15 h, Praza Afundida (Santa Cristina)
DOMINGO 13 DE XULLO
MÚSICA INFANTIL – A Gramola Gominola, “As que máis molan da gramola”. 12:30 h, Praza da Lagoa (Mera)
CIRCO – N+1 Cía e Cuarteto Alicerce, “Divertimento!”. 20:00 h, Praza Esther Pita (Santa Cruz)