Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O filme «Arrugas» pecha o ciclo de cine de animación

Oleiros, 26 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo sábado 31 de maio ás 20.30 horas o pase do filme Arrugas, gañador de dous premios Goya na edición 2011. Con esta proxección que terá lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica ponse fin ao ciclo de cine de animación organizado a través da Concellería de Cultura. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

O filme narra a historia de Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e doutros compañeiros que intentarán evitar que vaia a parar á planta dos máis graves. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles acaba de iniciar unha nova vida.
 

back link