Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello volve reclamar as obras para actuar ante os desprendementos no Xunqueiro

Despois de que durante 5 anos a Dirección Xeral de Costas do Estado se negase a atender as continuas reclamacións do Concello para arranxar o desprendemento do Xunqueiro, en Mera, agora será a Xunta quen deberá acometer a obra tras o recente cambio de competencias. Existe un grave perigo de derrubamento da rúa Gaivota ante o que urxe actuar por parte da administración autonómica para asegurar o noiro que continúa a desprenderse sobre a cala.

Ante a gravidade dos feitos, o Concello ten denunciada a situación na Fiscalía desde 2020, para que Costas do Estado asumise as competencias que ten atribuídas. As leis do Estado establecen que os concellos non teñen competencias para poder actuar na costa. Polo tanto, e tras os recentes cambios competenciais, é a administración autonómica a que debe arranxar os problemas derivados dos desprendementos producidos na zona do Xunqueiro.

back link