Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello levará a cabo as obras de illamento individual nas naves do viveiro de empresas

Oleiros, 1 de agosto de 2012-. O Concello de Oleiros vai realizar as obras de illamento individual interior das 20 naves recentemente construídas no polígono comercial de Iñás, segundo sinalou esta mañá o alcalde, Ángel García Seoane. Estas naves están orientadas a novos emprendedores e empresas xa situadas no municipio que desexen mellorar a súa infraestrutura a través deste servizo. A burocracia e a falta de illamento provocou que algunhas das persoas interesadas rexeitasen a posibilidade de trasladarse a este novo recinto municipal, segundo indicou o rexedor. As persoas interesadas no uso destas naves poden informarse das condicións de cesión no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, situado na urbanización Os Regos.
 

back link