Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello estuda sancionar a Fomento polo estado da N-VI

Oleiros, 1 de agosto de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Concello está estudando a posibilidade de sancionar o Ministerio de Fomento polo estado da N-VI ao seu paso polo municipio. O rexedor cualificou de «vergonzoso» o estado de abandono que presentan os xardíns na zona de Campamento, en Iñás, e polas deficiencias na ponte da Pasaxe, na entrada ao municipio.

«Do mesmo modo que se aplica a ordenanza para sancionar a un veciño cando non limpa unha finca, estudaremos a posibilidade de aplicar a normativa ao Ministerio de Fomento», sinalou García Seoane. Así mesmo, o alcalde criticou  que o Ministerio presuma de grandes obras e deixe nun segundo plano traballos con menos nome pero de vital importancia para a cidadanía como as obras de mantemento ou mellora. Neste sentido lamentou que a obra de ampliación da N-VI  que se leva a cabo nesta vía ao seu paso polo municipio acumule un retraso tan importante.
 

back link