Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello envía aos centros educativos o programa municipal de actividades complementarias par

Oleiros, 24 de novembro de 2011-. O Goberno local de Oleiros remitiu aos centros educativos do municipio unha publicación na que se recolle o conxunto de programas de actividades complementarias e extraescolares para o 2012. Este documento recompila as iniciativas educativas organizadas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo Municipal de Deportes, o Servizo de Normalización Lingüística, o Centro de Información Xuvenil e o Servizo Municipal de Educación.

A través destes programas, o Goberno local de Oleiros pretenden colaborar na educación do alumnado, á vez que abre un amplo abano de iniciativas encamiñadas a enriquecer o seu tempo de lecer, apostando, por un ensino de calidade e igualdade.

O obxectivo principal deste completo programa educativo municipal é formar a mocidade oleirense en valores que afiancen a súa liberdade como individuos e que contribúan a reforzar valores como a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia e a igualdade.

A publicación consta dun total de 80 páxinas nas que se recollen todas as actividades, explícase o seu contido, a metodoloxía, os seus obxectivos e concrétase o período concreto do calendario escolar para o que foron deseñadas.
 

back link