Oleiros, 19 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros abre o prazo de preinscrición para todo o novo alumnado das Escolas de Música e Danza. O dito prazo estará aberto ata o 27 de maio.
En danza, ofértanse para o primeiro curso de música e movemento (nenos e nenas nacidos en 2010) un total de 40 prazas. No resto de grupos de música e movemento (nacidos en 2009, 2008, 2007) un total de 33 prazas. Nas outras especialices resto de modalidades: Clásica (cun total de 6 niveis), Street Dance e danza para adultos, ofértanse un total de 85 prazas. Destas 85 prazas, 20 corresponden ao nivel de iniciación de Street Dance, é dicir, un grupo novo.
Pola súa parte, a Escola Municipal Música oferta para o primeiro curso de música e movemento (nenos e nenas nacidos en 2010) un total de 32 prazas. No resto de grupos de Música e Movemento un total de 29 prazas. Para a especialidade instrumental, a partir dos nacidos desde o ano 2006, ofértanse un total de 16 prazas.