A competición contará coa participación dos clasificados das Copas da Coruña, Costa da Morte, Ferrol e Sar. Na categoría feminina participan o Victoria CF, Dumbría CF, SD Val e o EFM Boiro. Na masculina compiten o Atlético Coruña Montañeros, Dumbría CF, Galicia Mugardos e SD Negreira.
As semifinais terán lugar o domingo 22 de xuño, coa disputa das semifinais. Pola mañá xogarán Victoria B-Dumbría ás 10.30 h e O Val-Boiro ás 12.30 h. Pola tarde enfrontaranse Galicia Mugardos-Montañeros ás 17.00 h e Negreira-Dumbría ás 19.30 h. Os equipos vencedores xogarán as finais o domingo 29 ás 17.00 h e ás 19.30 h.
O campo da Marola, inaugurado no 2022, é unha instalación deportiva de referencia a nivel provincial para a práctica do fútbol, de aí a súa designación para esta prestixiosa competición.