Oleiros, 27 de xullo de 2012-. Ao longo do día de hoxe entrará en funcionamento o novo aparcadoiro público e gratuíto habilitado polo Concello na rúa Curros Enríquez, na localidade de Mera. Este novo servizo aliviará a saturación de vehículos que sofre a localidade durante o período estival. O novo aparcadoiro atópase a escasos 500 metros do areal de Mera e a zona para aparcar terá unha extensión total que se aproxima aos 5.000 metros cadrados que dará cabida a máis de 300 vehículos. Ao longo das últimas 48 horas, tras a sinatura do convenio que permitiu a cesión anticipada deste solo, os operarios municipais traballaron no solar para habilitar un acceso e eliminar a maleza.