Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Excursión pola provincia de Ourense para persoas con diversidade funcional

O 5 de maio abre o prazo para inscribirse no programa “Findes de lecer”, destinado ao colectivo de persoas con diversidade funcional de Oleiros para ocupar o seu tempo de ocio dunha forma saudable.


Nesta ocasión programouse unha viaxe convivencial de tres días, á provincia de Ourense, coa idea de potenciar a responsabilidade, a autonomía persoal e social, así como todas aquelas habilidades que favorezan unha axeitada integración social, e que terá lugar os días entre o 20 e o 22 de xuño.

As visitas serán ao Mosteiro de Oseira, ás Termas da Barca de Barrantes, a Allariz, ao Castro de San Cibrao de Lás e a Carballiño, onde se pernoctará. Tamén haberá actividades de lecer.

As persoas interesadas poden inscribirse entre o 5 e o 12 de maio a través da web municipal. As prazas son para persoas de entre 12 e 55 anos, empadroadas no Concello de Oleiros e con certificado de discapacidade. O día 16 de maio, comunicarase ás  persoas admitidas a adxudicación da praza, e serán citadas xunto coas súas familias para unha reunión explicativa en Casa Echeverry e facilitar toda a información. Calquera dúbida pode consultarse no teléfono de atención veciñal, 981 610 000, ou no correo s.sociais@oleiros.org.

back link