O día 18 de decembro ás 17:00h, o teatro As Torres de Santa Cruz, acollerá a entrega de premios aos máis lectores/as das bibliotecas municipais de Oleiros.
Establecéronse 4 categorías por idades e 3 premios para cada unha delas. Os premios consisten en tarxetas regalo de diferentes importes segundo sexa 1º, 2,º ou 3º premio. Estas tarxetas serán válidas para compra de libros, materiais informáticos, audiográficos ou videográficos.
A xornada finalizará coa actuación de Dani Blanco e o seu espectáculo CIRCO NA BIBLIOTECA.
O acto é público e de entrada libre ata completar o aforo. No caso da actuación de Dani Blanco, as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no seguinte enlace: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete.