Oleiros, 26 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo xoves, 29 de maio, ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, sita nas Torres de Santa Cruz, la presentación da obra A alternativa está aquí, de María Reimóndez. No acto intervirán a escritora María Reimóndez e Ana Mourelle, vicepresidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
O libro A alternativa está aquí parte dese afán de buscar as solucións onde xa se atopan, principalmente na nosa man e sobre todo na man das mulleres do sur. Fronte aos grandes discursos, esta obra lévanos polos lugares e estratexias do día a día, pola necesidade de cambiar a ollada arrastrándonos, coa forza dos argumentos e das experiencias, ao traballo no colectivo desde o individual para transformar e transformarnos.