A calidade do ensino que o Concello ofrece a toda a cidadanía, especialmente á xuventude, a través destas escolas, aséntase nunhas óptimas instalacións e nun capital humano excelente, cun profesorado realmente extraordinario, baixo a brillante dirección de Lara Fenoll (Escola Municipal de Danza), Rodrigo Rodríguez (Escola Municipal de Música) e Alba Bermúdez (Escola Municipal de Teatro).
Estas escolas son un dos mellores exemplos da política cultural do Concello; auténticos viveiros artísticos nos que centos de persoas, principalmente nenos e mozos, se forman e desenvolven as súas habilidades creativas. Ademais da formación, as escolas municipais son capaces de realizar espectáculos de primeirísimo nivel como os que se puideron presenciar durante os últimos anos en distintos espazos públicos e teatros. O fomento da cultura e a arte nunca é un gasto, é un investimento en liberdade e educación.