Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Alfaroleiros presenta un completo programa de actos paralelos á mostra de olería

Oleiros, 6 de agosto de 2012-.  O Concello de Oleiros presenta un completo programa de actos culturais que se celebrarán de forma paralela á XVIII edición de Alfaroleiros. No parque Luís Seoane de Santa Cruz e nas  inmediacións do Monumento ao Emigrante, desenvolveranse diversos actos de carácter lúdico-cultural coa finalidade de completar a oferta cultural e de ocio durante a mostra.


Programa de actos:

Mércores 8

Ás 18.00 h: Peter Punk presenta o espectáculo de rúa O neno imperdible.

Xoves 9
Ás 20.30 h: concerto da Tuna de Veteranos da Coruña.
Ás 22.15 h: proxección de Vilamor.

Venres 10
De 18.00 a 20.00 h: obradoiro de olería para nenos e nenas.
Ás 22.30 h: concerto de La Banda del Camión e Chingüeys

Sábado 11
Ás 21.00 h: actuación de Farandoleiras Cabaré.
Ás 22.30 h: concerto de La Trova Camagüeyana.

Domingo 12
Ás 20.30 h: peche da feira coa actuación da Banda de Gaitas da Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz.
 

back link