Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Acordo dos concellos de Oleiros, Cambre, Sada e Bergondo para a renovación das conducións xerais de auga

O Concello de Oleiros, xunto cos de Cambre, Sada e Bergondo, acordou con Emalcsa solicitar financiamento europeo para renovar a rede xeral de abastecemento de auga e construír un novo depósito en San Pedro de Nós. O investimento previsto supera os 8 millóns de euros para as conducións xerais, aos que se sumarían entre 4 e 5 millóns destinados a outras melloras das redes.

No encontro celebrado en Oleiros, os alcaldes dos 4 municipios mantiveron unha reunión co director de Emalcsa, Jaime Castiñeira, para sentar as bases do convenio de colaboración. O obxectivo común é garantir un servizo de abastecemento de auga eficiente, sostible e dimensionado ás necesidades actuais e futuras da veciñanza.

O deseño e redacción dos proxectos será asumido directamente por Emalcsa, tanto no que atinxe ás conducións principais como ás actuacións nas redes locais. A próxima fase do proceso consistirá nunha nova reunión técnica entre persoal especializado dos catro concellos e da empresa de augas, na que se detallarán as necesidades específicas de cada municipio. 

Vaise optar pola solicitude dunha subvención á Unión Europea como principal vía de financiamento, aínda que tamén se contemplan outras alternativas. Pola súa banda, cada Concello deberá aportar a cantidade correspondente as súas necesidades. 


 

back link