Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Xunta denega o pintado de dous pasos de peóns

21 de Xullo de 2010

A decisión afecta á seguridade viaria nas inmediacións dun núcleo que conta con máis de 1.300 habitantes.

Trátase dunha demanda directa dos residentes desta zona

Oleiros, 21 de xullo de 2010-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denegou ao Concello de Oleiros a solicitude para a creación de dous pasos de peóns nas inmediacións da urbanización Os Regos. Esta era unha demanda directa dos residentes da zona debido ao grande risco para a seguridade viaria e constante perigo que supón cruzar a estrada que comunica Perillo con Oleiros a altura do lugar das Pedreiras. Ademais neste punto están instaladas paradas de autobús en ambos sentidos.

Estes pasos peonís solicitados polo Goberno municipal de Oleiros completarían o percorrido para peóns que desde a rúa Isaac Díaz Pardo, na urbanización Os Regos, permite o acceso a todas as zonas desta urbanización.

O Concello de Oleiros lamenta a política negativa que está levando a cabo a Xunta de Galicia no municipio de Oleiros. A decisión de denegar o pintado destes dous pasos de peóns prexudica de forma grave a seguridade viaria nas inmediacións dun núcleo que conta con máis de 1.300 habitantes.

© Concello de Oleiros 2010

back link