Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás 225 escolares comezarán o curso na Escola Municipal de Danza o próximo día 3 de outubro

Oleiros, 28 de setembro de 2011-. O próximo 3 de outubro dará comezo a actividade lectiva na Escola Municipal de Danza de Oleiros coas presentacións e coa elección dos horarios do novo curso escolar 2011-2012 para os 225 alumnos e alumnas matriculadas. Toda esta información relativa aos horarios e presentacións está exposta na sede da Escola Municipal de Danza desde hoxe. A elección do horario será presencial, polo que a non asistencia á cita de elección de horarios o próximo 3 de outubro implica a perda de quenda na elección. As clases darán comezo o mércores día 5 de outubro.

Este será o primeiro curso que se desenvolve de forma íntegra na nova sede da escola de danza da avenida Valle Inclán. A nova infraestrutura permite albergar un maior número de alumnos e alumnas, o que supón un novo logro na mellora do nivel educativo, artístico e cultural do municipio. Ademais trátase da primeira escola integral de danza que existe na comunidade autónoma.

back link