Ven crear a túa cunca de almorzo!

Nesta actividade organizada polo Museo Os Oleiros cada participante creará de cero unha cunca para o almorzo coa axuda da ceramista Isabel Gómez. A actividade vai dirixida a mozos e mozas de 15 a 25 anos empadroados no concello de Oleiros. Non é preciso ter coñecementos previos de olería ou cerámica.