Obradoiro de Entroido: 2ª quenda

O Entroido é a festa do barullo e a troula e o propósito desta actividade é dar a coñecer a tradición oleira vencellada a esta celebración. Cada participante fará unha reprodución en barro dunha máscara tradicional do Entroido galego e a decorará ao seu gusto coa axuda do ceramista Antón Román.