Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   

NOVAS

     

Piscinas Municipais

          Actividades dirixidas Xullo 2021              Horarios Centros Deportivos    Luns a...

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

Obradoiros de memoria

Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"... Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía. Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

¿¡Atención! Te indicamos como obter o certificado para acreditar condicións subxetivas de acceso a axudas/moratorias de aluguer e hipotecas

 ¿ ACCEDE A SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do...

¿ SELECCIONA "OBTEÑA UN CERTIFICADO SOBRE A SÚA PRESTACIÓN" ¿ PODES FACELO MEDIANTE
CERTIFICADO DIXITAL, DNI ELECTRÓNICO E CL@VE OU A OPCIÓN "PIN TELÉFONO MÓVIL”
¿ ELIXE A OPCIÓN "CERTIFICADO DE PRESTACIÓN ACTUAL”
SI NON TES TELÉFONO MÓBIL O NON PODES ACCEDER A SEDE, A PETICIÓN DEBE FACERSE POR TELÉFONO E OS CERTIFICADOS SE RECIBIRÁN POR CORREO POSTAL
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza