Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello oferta rutas guiadas polo Monumento Natural

 Oleiros, 22 de xuño de 2021-. A partir deste sábado e durante os meses de xullo, agosto e setembro o Concello de Oleiros oferta rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en apuntarse deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154.

As visitas realizaranse xoves e sábados ás 11:00 horas. Aquelas persoas que o desexen poderán coñecer diferentes tramos da Costa de Dexo-Serantes acompañadas dunha guía que lles amosará os valores naturais, culturais e etnográficos deste fermoso tramo do litoral oleirense.
 
A Aula do Mar, situada na antiga casa do fareiro de Mera, serve de punto de atención turística para os numerosos visitantes que se achegan ata ese emblemático lugar. O horario de atención ao público do centro é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 h de luns a venres; sábados e domingos de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h).
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza