Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

O Centro Municipal de Formación axudou a atopar traballo a 373 veciños

O servizo de apoio e asesoramento para o emprego que se presta desde o Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a que 373 persoas atopasen emprego durante o ano 2021. En total foron atendidas 4.447 persoas nas dependencias dos Regos ao longo de todo o ano pasado.

Cooperación do Concello con mozos e mozas universitarios da Palma afectados polo volcán

Tal e como se anunciara o pasado decembro, o Concello de Oleiros vai destinar 10.000 euros para que o Ayuntamiento de Tazacorte conceda bolsas a mozos e mozas do municipio que realizan estudos universitarios.

O Concello licita a obra de creación do paseo fluvial do rego de San Pedro

O Concello sacou a contratación no día de hoxe a obra de construción do paseo fluvial do rego de San Pedro por importe de 2.993.049 euros, que se financiarán entre o presente e o próximo exercicio. As empresas terán desde ata o día 13 de xuño para presentar as súas ofertas, estando prevista a adxudicación da obra para o día 16 de xuño.

O Concello de Oleiros denuncia que o de Cambre impide reparar a rede de auga na Costa da Tapia

O pasado luns día 16 de maio, sobre as 20:30 horas, o responsable da empresa de augas de Cambre Aguaservi contactou co responsable da empresa de augas de Oleiros Sergesco para comunicar que se producira unha rotura da rede xeral de abastecemento de auga de Oleiros na Costa da Tapia. Esta tubería, que procede da ponte do Burgo, aínda que está en Cambre é propiedade do Concello de Oleiros e subministra a auga a unha grande parte da parroquia de Nós e tamén ás vivendas da rúa Castelao de Cambre.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza