Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello inicia unha campaña para denunciar a lentitude do Ministerio en Sol y Mar e esixir a ampliación da Pasaxe

 Oleiros, 19 de xuño de 2021-. O Concello de Oleiros solicita a toda a cidadanía da comarca da Coruña que participe na campaña iniciada na plataforma change.org para esixir ao ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que ordene á empresa adxudicataria da obra de Sol y Mar dobrar quendas de traballo e acelerar o ritmo de construción para reducir os tempos de execución. Na petición tamén se demanda que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana realice todos os trámites necesarios para contratar a ampliación da Ponte Pasaxe con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, para que se execute tan pronto como finalice o túnel de Sol y Mar.

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana está a colapsar todos os accesos á cidade da Coruña pola deixadez na execución da necesaria obra do túnel de Sol y Mar. Cun retraso de máis de 7 meses desde a sinatura do contrato, iniciaron os traballos en pleno verán, a un ritmo moi lento e sen dobrar quendas de traballo. 
 
Esta importante actuación de pouco servirá para resolver o grave problema de mobilidade se a escasos metros se mantén o embudo na Ponte Pasaxe, polo que unha vez finalizase Sol y Mar o Ministerio debería ampliar a ponte. Neste momento ademais, o Goberno central dispón dunha oportunidade única para defender o interese xeral da área metropolitana da Coruña e pagar a obra da Ponte Pasaxe cos fondos europeos de recuperación.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza