Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello e as entidades sociais de Oleiros solicitan a medalla Emilia Pardo Bazán para Esther Pita

O Concello de Oleiros e 28 entidades sociais, culturais e deportivas do municipio solicitaron á Xunta de Galicia a concesión da Medalla Emilia Pardo Bazán a título póstumo a Esther Pita, en recoñecemento ás numerosas accións relevantes que levou a cabo ao longo da súa vida en prol da igualdade entre mulleres e homes. Esther Pita Pita foi alcaldesa de Oleiros entre os anos 1996 e 2003 e concelleira municipal desde o ano 1979 ata o 2003.

As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul este verán

Oleiros segue a ter areais dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro recibiron un ano máis a Bandeira Azul para este verán.

O Concello organiza unha visita teatralizada pola pegada de Emilia Pardo Bazán en Santa Cruz

Co fin de dar visibilidade á pegada de Emilia Pardo Bazán en Oleiros xorde esta actividade. Unha visita diferente na que se mestura a pintura, a narración, o teatro e a danza conectando dous puntos da localidade de Santa Cruz: o mural dedicado á escritora e o Castelo de Santa Cruz que foi residencia de verán da familia da escritora.

A obra Rosalía chega a Mera esta fin de semana

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros programou para o vindeiro 16 de maio, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a obra Rosalía. Un espectáculo para as familias a través do que se fai un achegamento á vida e obra de Rosalía de Castro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza