Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O mércores comeza a XXVII edición de Alfaroleiros

Entre os días 4 e 8 de agosto, a XXVII edición de Alfaroleiros.

Curso de parkour nas casas da mocidade

Curso de parkour nas casas da mocidade

Os días 6, 13, 20 e 27 de agosto terá lugar o curso de parkour nas casas da mocidade. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

Martes de Entroido e luns de pascua serán os festivos locais de Oleiros en 2022

O pleno municipal acordou designar como festivos locais de Oleiros para o ano 2022 o martes de Entroido (1 de marzo) e o luns de Pascua (18 de abril).

A Subdelegación do Goberno non autoriza a manifestación na rotonda do monumento do Che

A Subdelegación do Goberno comunicoulle ao Concello de Oleiros que a manifestación convocada xunto ao monumento a Ernesto Che Guevara non poderá desenvolverse nesa zona por unha cuestión de seguridade viaria, para evitar posibles atropelos, e para protexer a integridade do monumento. A Subdelegación informou que a rotonda "non poderá ser considerada lugar de concentración".

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de agosto

Aberto o prazo de inscrición para as actividades no mes de agosto dirixidas á mocidade.

O Concello saca á venda 17 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares

O Concello de Oleiros ten á venda 17 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. Os recursos que se obteñan con estas vendas destinaranse a financiación de novas obras e servizos públicos municipais.

Curso gratuíto de produción musical nas Casas da Mocidade

O vindeiro 26 de xullo comeza un curso de produción musical dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Esta actividade desenvolverase na Casa da Mocidade das Pedras en horario de 11:30 a 13:00 horas.

V Festival de Artes Escénicas na Rúa, esta fin de semana en Santa Cruz, Santa Cristina e Mera

Venres 16, sábado 17 e domingo 18 de xullo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias.

O Concello saca a contratación por 1,2 millóns a segunda fase do campo municipal de fútbol de Mera

A construción da segunda fase do campo de fútbol municipal de Mera saíu a licitación por importe de 1.296.293,05 euros. A mesa de contratación para a adxudicación da obra será o 5 de agosto.

O Concello prepara o envío dun contedor con material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para o Colexio CEPAC en Guatemala, nunha das rexións máis pobres do país. O envío realízase en colaboración cos centros de ensino público de Oleiros e coa Fundación Nova Pescanova, que o trasladará directamente ata o seu destino, en Guatemala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza