Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Obradoiro de San Martiño no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros vai abrir o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán facer porquiños de barro. A actividade estará impartida polo ceramista Antón Román, vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 6, 13 e 20 de novembro.

O domingo proxéctase nas Torres a película El extraño viaje

A proxección de El extraño viaje está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 31 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

O Concello organiza un novo curso de formación de voluntariado

Está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Formación Básica en Voluntariado, no que pode participar calquera veciña ou veciño que o desexe. Desenvolverase os días 5 e 6 de novembro na Casa da Cultura de Perillo.

Libre coma os paxaros, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

Teatro do Atlántico presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o drama Libre coma os paxaros. María Barcala protagoniza esta obra que dirixe Xúlio Lago.

Concerto de Salvador Amor, en homenaxe ao seu pai Rafael Amor, o venres na Fábrica

Salvador Amor ofrece un concerto en homenaxe ao seu pai Rafael Amor este venres, no auditorio da Fábrica, ás 20:30 horas. O acceso será libre con invitación que poderá recollerse a partir das 19:30 horas no propio auditorio.

Decenas de persoas participan na inauguración da pista de patinaxe de velocidade de Bastiagueiro

Esta mañá tivo lugar o acto de inauguración da pista de patinaxe de velocidade do Concello de Oleiros. Esta nova instalación deportiva pública situada en Bastiagueiro permitirá mellorar a práctica e fomento dun deporte no que Oleiros é un referente a nivel internacional.

O aparcadoiro da Lagoa de Mera permanecerá pechado luns, martes e mércores

Debido á realización de obras de mellora da rede de saneamento en Mera, será preciso cortar o acceso de vehículos ao aparcadoiro da rúa Vinculeiros, no parque da Lagoa de Mera. Por este motivo o luns 25, o martes 26 e o mércores 27 o aparcadoiro permanecerá pechado.

O Concello reparte 30.000 kg de alimentos entre 376 familias en situación de vulnerabilidade

A primeira semana de novembro, o Concello de Oleiros procederá ao reparto de 30.000 kg de alimentos non perecedoiros procedentes da Unión Europea entre as 376 familias que neste momento se atopan en situación de emerxencia social no municipio. Para evitar estigmatizacións, todas as persoas son citadas en horarios concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar, nin facer colas.

O sábado inaugúrase a pista de patinaxe de velocidade do Concello de Oleiros

Este sábado día 23 de outubro, ás 12:00 horas, o Concello de Oleiros procederá a inaugurar a pista de patinaxe de velocidade construída nos terreos municipais de Bastiagueiro. Esta nova instalación deportiva municipal tivo un custo de 439.103,24 euros.

O domingo proxéctase nas Torres a película Plácido

A proxección de Plácido está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 24 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza